ACTIVIDADES 2026

Ciclo de charlas "Unha historia de diversidade na Historia da Arte"

 

Realizaranse 10 charlas interactivas que propoñen unha relectura crítica do patrimonio artístico universal. O ciclo pon o foco nas narrativas silenciadas ou distorsionadas pola historia oficial e heteronormativa, invitando ás persoas participantes a actuar como "detective das ausencias" dos museos.

Transitaremos máis de 50 artistas a través das súas obras, falaremos de diversas técnicas e procesos creativos, visitaremos máis de 40 lugares ao longo do planeta e prestaremos atención ás identidades diversas destis creadoris, dende o sexo xenérico, étnico, racial ou creativo. Dende as primeiras creacións artísticas da Historia, as pictóricas atopadas nas covas, até as máis recentes da arte contemporanea e as novas tecnoloxías.

Máis información e programa completo en PDF.

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Como cada ano, a campaña Ser e Sentir propón unha actividade simbólica para que concellos e entidades adheridas poidan sumarse, de forma sinxela e participativa, á promoción da diversidade e da liberdade de ser e sentir.

Nesta edición, Cartas para o Futuro convida a construír unha mensaxe colectiva a través do diálogo entre xeracións. Persoas maiores e infancia comparten reflexións e desexos arredor da liberdade, o respecto e a diversidade, contribuíndo a crear unha voz común que represente o compromiso da provincia cunha sociedade máis inclusiva. Cun formato sinxelo, participativo e adaptable a calquera realidade, a actividade ofrece unha oportunidade para implicar á veciñanza e facer visible, desde cada concello ou entidade, que a liberdade, o respecto e a igualdade se constrúen entre todas as persoas.

Nesta páxina atoparás a guía da actividade e os recursos necesarios para poñela en marcha. Anímate a adaptala ao teu contexto e a formar parte desta mensaxe colectiva pola liberdade de ser e sentir.

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
V Congreso Memoria Diversa

 

A Normal acolleu o pasado 6 de xuño de 2026 a quinta edición de Memoria Diversa, o senlleiro congreso impulsado pola Deputación da Coruña arredor da recuperación da memoria histórica LGBTIQA+ galega, que nesta edición tivo como fío condutor a relación entre a igrexa, o control social e disidencias de sexo e xénero durante a Ditadura e a Transición.

Podes ver todas as intervencións na canle de YouTube da Deputación da Coruña

Máis información e programa do congreso.

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Materiais pedagóxicos "Ferramentas para unha educación liberadora”

Co fin de achegar a diversidade ás aulas, o proxecto "Ferramentas para unha educación liberadora" impulsa o deseño e a elaboración de unidades didácticas que pasarán a formar parte do banco virtual de recursos da Deputación da Coruña. Estes materiais, concibidos como ferramentas accesibles para o profesorado, completaranse cunha xornada específica de presentación e formación para facilitar a súa incorporación á práctica docente.

A educación ten o potencial de cambiar a sociedade e construír un futuro máis inclusivo e igualitario no que a diversidade sexa motivo de orgullo, non de división. Para iso, as realidades que atravesan o colectivo LGBTIQA+ non poden ser un apéndice nos currículos escolares, deben ser incluídas de xeito transversal, específico e explícito. Así, vaise elaborar unha unidade didáctica para a materia de Bioloxía de 3º da ESO na que se tratará a cuestión da reprodución e sexualidade humana desde unha perspectiva crítica e rigorosa cos achados e consensos científicos máis actuais. Por outra banda, tamén se fará unha unidade didáctica dirixida a tratar nas aulas cuestións relativas á saúde sexual integral. Esta segunda unidade está pensada para o seu uso en titorías e será adaptable a varios niveis educativos. Os materiais servirán para aprender sobre xestión reprodutiva, ITS, consentimento, autocoñecemento e apoderamento desde unha ollada transfeminista interseccional.

Cada unidade didáctica contará cun vídeo para proxección na aula, un marco teórico e bibliográfico, e unha serie de exercicios cos que se traballará co alumnado os contidos mediante metodoloxías participativas.

Estes materiais serán presentados nunha xornada con profesorado na que se capacitará ás persoas asistentes para sacarlles o máximo partido na súa práctica docente.

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

A campaña toma as rúas

A campaña volve tomar as rúas coa instalación de lonas no emblemático chaflán do Teatro Colón da Coruña, reforzada coa distribución de material de merchandising e unha campaña de difusión nos medios de comunicación.

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

CAMPAÑAS ANTERIORES

2025  2024   2023