V Congreso Memoria Diversa

V Congreso Memoria Diversa

 

A Normal acolleu o pasado 6 de xuño de 2026 a quinta edición de Memoria Diversa, o senlleiro congreso impulsado pola Deputación da Coruña arredor da recuperación da memoria histórica LGBTIQA+ galega, que nesta edición tivo como fío condutor a relación entre a igrexa, o control social e disidencias de sexo e xénero durante a Ditadura e a Transición.

A xornada, que contou cunha importante presenza de público, propuxo unha reflexión colectiva sobre o papel desempeñado pola Igrexa na construción histórica das normas sociais relativas ao corpo, á sexualidade e ao xénero, así como sobre os mecanismos de represión, ocultación e violencia exercidos contra as persoas disidentes durante o Franquismo e a Transición. A sexualidade negada ás mulleres durante a Ditadura, o Patronato de Protección a la Mujer como institución represora das mulleres máis novas ou as terapias de conversión foron algúns dos temas que centraron o debate.

O encontro, que foi retransmitido por streaming pola canle de YouTube da Deputación da Coruña, xuntou investigadoras, activistas, escritoras, avogadas e representantes do movemento asociativo LGBTIQA+ nun programa que combinou memoria democrática, pensamento crítico e creación literaria, da man de escritoras como Fernando Olmeda e Andrea Momoitio e musical, cun peche a cargo de Lucía Aldao. Presentou, guiou e despediu a xornada Sol Agra Tuñas, Deputada da Área de Dereitos Civís da Deputacion da Coruña.

Podes ver todas as intervencións na canle de YouTube da Deputación da Coruña

 

 

Programa do congreso