Trala crise da SIDA, a actitude das institucións para xestionar a saúde sexual nas décadas seguintes foi mediante o medo. Agora que contamos con medicación que permite vivir co VIH e incluso ferramentas de prevención, as novas xeracións están a perder o medo e os novos contaxios de ITS están a dispararse. Este proxecto busca unha nova abordaxe, centrada no coñecemento, empoderamento, acceso a recursos e toma de responsabilidade sobre a propia saúde.