Como cada ano, a campaña Ser e Sentir propón unha actividade simbólica para que concellos e entidades adheridas poidan sumarse, de forma sinxela e participativa, á promoción da diversidade e da liberdade de ser e sentir.
Nesta edición, Cartas para o Futuro convida a construír unha mensaxe colectiva a través do diálogo entre xeracións. Persoas maiores e infancia comparten reflexións e desexos arredor da liberdade, o respecto e a diversidade, contribuíndo a crear unha voz común que represente o compromiso da provincia cunha sociedade máis inclusiva. Cun formato sinxelo, participativo e adaptable a calquera realidade, a actividade ofrece unha oportunidade para implicar á veciñanza e facer visible, desde cada concello ou entidade, que a liberdade, o respecto e a igualdade se constrúen entre todas as persoas.
Nesta páxina atoparás a guía da actividade e os recursos necesarios para poñela en marcha. Anímate a adaptala ao teu contexto e a formar parte desta mensaxe colectiva pola liberdade de ser e sentir.