Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

 

RECURSOS

MATERIAL DIDÁCTICO

Pilulas informativas, palestras, conversas, glosario de termos e outros recursos pedagóxicos.

 

MATERIAL AUDIOVISUAL

Películas, series, podcasts, webseries, curtas e contacontos.

 

 

 

LITERATURA

Literatura infantil, xuvenil e para adultes.

 

 

 

MATERIAL DE DIFUSIÓN

Descarga o cartel, adhesivos, báners e outro material para facer difusión do Día das Diversidades Sexuais.

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

liberdade de ser e sentir

En Galiza, os principios de liberdade e igualdade aparecen recollidos no Estatuto de autonomía, no seu artigo 4.2 recolle a obriga que corresponde aos poderes públicos de «promover as condicións para que a liberdade e a igualdade das persoas e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas, remover os atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación da cidadanía galega na vida política, económica, cultural e social».


A lexislación internacional sobre dereitos humanos e múltiples tratados internacionais consagran a igualdade como un principio xurídico fundamental e universal. Desde a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que establece que «toda persoa ten os dereitos e as liberdades proclamados nesta declaración, sen ningunha distinción de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición», numerosos textos sobre dereitos humanos e múltiples tratados consideran a igualdade das persoas como un principio xurídico fundamental e universal.

#seresentir

#DeputacióndaCoruña