Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

MATERIAL DIDÁCTICO E PEDAGÓXICO

 

Pílulas informativas

 

Aclarando conceptos con Xácia Ceive

Aclarando conceptos con Daniel Amarelo

Aclarando conceptos con A Rabela

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Palestra

 

A vida é de cores! 

Unha educación alén do branco e negro

A importancia de educar en diversidade dende peques (relacionado coa saúde mental).
Martina achegaranos a conceptos e termos relacionados coas diversidades sexo-afectivas así como a abordaxe do respecto e acompañamento ás diversidades dende o ámbito familiar e educativo.

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Palestras diversas

Palestras de edicións anteriores

Na campaña Liberdade de ser e sentir! de 2020 foron organizadas catro palestras virtuais para visibilizar o traballo que se está a realizar en Galiza a prol da diversidade sexual nas participaron diferentes especialistas e activistas nas seguintes áreas: deporte, infancia e adolescencia, medios de comunicación e literatura.

 


Bárbara G. Vilariño entrevista á karateka Cristy Tojo

 


"Diversidade sexual na infancia e na adolescencia". Inés del Río e Noemí Díaz

 

 
"Literatura e diversidade sexual" coa participación de Lucía Aldao, María Reimóndez e Martín Añel.
 
 


"Tratamento informativo do colectivo LGTBQI+ nos medios de comunicación" con Ángela Fernández, Daniela Ferrández e Bárbara G. Vilariño.

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Conversas

Coas entidades ALAS CORUÑA, ARELAS e LES CORUÑA arredor do retos de futuro das diversidades sexuais.

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Recursos educativos e material pedagóxico

Xogo de pistas

A través da participación neste xogo de pistas, pretendemos dar a coñecer á adolescencia diferentes termos asociados á diversidade sexual, así como conseguir que tomen consciencia da complexidade de realidades que cada persoa pode vivir e a necesidade de aceptar todas e cada unha delas. A través da dinámica do xogo tamén se pode afondar en valores coma o respecto, o traballo en equipo e a liberdade.

ARELAS traballa en centros educativos de toda Galiza tratando de achegar á comunidade educativa a diversidade de identidades, orientacións e familias. Dende aquí poñemos os seus materiais didácticos a disposición de calquera persoa con gañas de seguir visibilizando e formando sobre estas realidades dende unha mirada positiva e transformadora.

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Glosario

ANDROCENTRISMO: Define a visión do mundo que sitúa o home como centro de todas as cousas. Esta concepción da realidade parte da idea de que a mirada masculina é a única posible e universal, polo que se xeneraliza a toda a humanidade, sexan homes ou mulleres. Isto leva consigo a invisibilización das mulleres e do seu mundo, a negación dunha mirada feminina e a ocultación das achegas realizadas polas mulleres.

ARQUETIPOS: Os arquetipos son figuras ou modelos orixinais, patróns que serven como exemplos primarios. A súa esencia reside na habilidade de proxectar nel un carácter absoluto e único.

AXÉNERO: Persoa que non se "sente identificada" nin home nin muller.

ASEXUAL: Orientación sexual dunha persoa que non sente atracción erótica cara a outras persoas. Pode relacionarse afectiva e romanticamente. Non implica necesariamente non ter libido, ou non practicar sexo, ou non poder sentir excitación.

ANDROXINIA: Característica dunha persoa cuxa aparencia ou modo de expresión é unha mestura de características e/ou comportamentos femininos e masculinos.

XÉNERO FLUÍDO: Describe a conduta dunha persoa na que presenta unha identidade de xénero coa cal se identifica a si mesmo como masculino e como feminino, alterando ou non a súa percepción de xénero para adaptarse ás circunstancias sociais.

CISXÉNERO: Persoa cuxa identidade de xénero coincide co seu sexo biolóxico.

DIVERSIDADE SEXUAL: Termo que se usa para referirse de maneira inclusiva a toda a diversidade de sexos, orientacións sexuais e identidades de xénero, sen necesidade de especificar cada unha das identidades, comportamentos e características que conforman esta pluralidade.

DRAG KING: Persoa que (a miúdo) é muller e que adopta a figura dun home resaltando de maneira esaxerada os ademáns, as actitudes e o seu comportamento asociados á masculinidade. Son figuras, xunto ás Drags Queens, que están vinculadas co mundo do espectáculo.

DRAG QUEEN: Persoa que (a miúdo) é home e que adopta a figura dunha muller resaltando de maneira esaxerada os ademáns, as actitudes e o seu comportamento asociados á feminidade.

ESTEREOTIPOS DE XÉNERO: Ideas simplificadas, pero fortemente asumidas, sobre as características psicolóxicas e físicas dos homes e das mulleres.

EXPRESIÓN DE XÉNERO: Forma na que expresamos o noso xénero mediante a vestimenta, o comportamento, os intereses e as afinidades.

HETEROSEXUAL: Atracción sexual por persoas do xénero oposto.

HETERONORMATIVIDADE: Ideoloxía dominante na nosa sociedade con base na cal se establecen as relacións heterosexuais como a norma e patrón que se ha seguir.

HOMOSEXUAL: Atracción sexual por persoas do mesmo xénero.

LGTBQI+: É a sigla composta polas iniciais das palabras Lesbianas, Gais, Bisexuais e Trans, Intersexuais, Queer, entre outras.

MASCULINIDADE: Conxunto de características que a sociedade supón que definen a forma en que deben ser os homes.

ORIENTACIÓN SEXUAL: A orientación sexual é a atracción afectiva, romántica, sexual e psicolóxica que unha persoa sente cara outra persoa.

PATRIARCADO: Organización sociocultural na que o dominio do home estrutura a totalidade das relacións sociais. Ideoloxicamente, establece como natural a valoración desigual de homes e mulleres e outorga superioridade aos homes e inferioridade ás mulleres.

ROLES DE XÉNERO: Conxunto de funcións, tarefas, responsabilidades, prerrogativas que se xeran como expectativas / exixencias sociais e subxectivas; é dicir, unha vez asumido o rol por unha persoa, a xente da súa contorna esixe que o cumpra e pon sancións se non se cumpre. A mesma persoa xeralmente asúmeo e ás veces constrúe a súa psicoloxía, afectividade e autoestima en torno a el.

SEXO: Constitúe as características físicas que marcan as diferenzas biolóxicas e funcionais entre machos e femias respecto da reprodución sexual.

SEXUALIDADE: A sexualidade é o conxunto de condicións que caracterizan o sexo de cada persoa. Desde o punto de vista histórico cultural, é o conxunto de fenómenos emocionais, de conduta e de prácticas asociadas á procura de emoción sexual, que marcan de maneira decisiva ao ser humano en todas e cada unha das fases determinantes do seu desenvolvemento.

TRANSFORMISMO: Expresión artística na que unha persoa se expresa, comporta e transforma o seu aspecto adaptándoo ao do sexo contrario. O transformismo usualmente é unha práctica teatral ou lúdica que non implica unha orientación sexual concreta nin identificación co xénero que usa para a súa expresión.

TRANSXÉNERO: Persoa que se identifica con outro xénero distinto ao que lle atribuiría o seu fenotipo sexual.

TRAVESTÍ: Persoa que adopta vestirse con roupa do xénero contrario.

XÉNERO: Fai referencia ás diferenzas sociais, por oposición ás biolóxicas, entre homes e mulleres. Estas diferenzas son aprendidas, mudan co tempo e presentan grandes variacións entre diversas culturas.

XÉNERO NON BINARIO: É un termo que designa as identidades de xénero que non se asimilan nos espectros dos xéneros binarios (masculino e feminino).