Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

 

ACTIVIDADES 2025

Puntos informativos en festivais e festas populares

SER E SENTIR pon en marcha un total de oito puntos informativos en festivais e festas populares da provincia.

O obxectivo é sensibilizar, informar e achegar recursos ao conxunto da cidadanía sobre a diversidade afectiva, sexual, de xénero e familiar, promovendo espazos seguros, inclusivos e libres de LGTBIfobia durante eventos culturais e musicais do verán.

Os postos estarán atendidos por persoal da asociación ALAS A Coruña e ofrecerán recursos informativos, formativos, xogos e materiais vencellados ao coidado da saúde sexual

Con esta iniciativa, a Área de Igualdade da Deputación da Coruña reafirma o seu compromiso coa igualdade, a diversidade e os dereitos humanos, levando a mensaxe de respecto, liberdade e orgullo aos espazos festivos da provincia. 

 

Puntos de información e atención LGTBIQA+
Punto de información e atención LGTBIQA+ nas Festa da Carballeira de Zas
Punto de información e atención LGTBIQA+ no Festival Castelo Rock
Punto de información e atención LGTBIQA+ nas Festas da Xunqueira
Punto de información e atención LGTBIQA+ nas Festas de San Roque (Betanzos)
Punto de información e atención LGTBIQA+ no Festival Irmandiño (Moeche)
Punto de información e atención LGTBIQA+ no Festival Rock in Rian (Rianxo)
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Conversas

 

 

Conversa sobre a institucionalización das persoas LGBTQIA+

Interveñen: Rosa Rilo, terapeuta ocupacional e Ignacio Igrexas, traballador social

Data: 23 de xullo de 2025

Lugar: Museo Terra de Xallas-Santa Comba

As persoas e familias ao longo da súa biografía teñen multitude de situacións nas que están en relación directa con institucións de coidado, educación, saúde, etc. As persoas que pertencen ao colectivo LGTBIQA+ están expostas a situacións que poden ser complexas pola inadecuación do funcionamento das organizacións aos seus dereitos sexuais.

Nesta conversa, Rosa e Ignacio abordan situacións nas que a orientación e a identidade sexual non están previstas ou contempladas correctamente, achegando propostas e estratexias para avanzar na atención das persoas e familias LGBTQIA+

 

 

 

 

Palestra sobre corpos e disidencias sexuais

Interveñen: June Fernádez, escritora, xornalista e consultora en comunicación, especializada en feminismo e diversidade sexual. Fundadora da revista Píkara Magazine e Mario Brión (Olaxonmario) publicista, creador de contido, remeiro e docente.

Data: 15 de xullo de 2025

Lugar: Concello de Boiro

Mario e June conversan sobre quen define que é un corpo válido ou desexable e como as normas de xénero, raza, capacidade ou tamaño operan sobre os corpos. Abordan cuestións como a hipersexualización e fetichización dos corpos disidentes e reflexionan sobre a sexualidade como ferramenta de control ou sobre como son tratados nos medios os corpos e sexualidades disidentes. En definitiva, o diálogo achéganos ás dinámicas de poder que rodean aos corpos e á sexualidade, tanto na súa normalización como na súa disidencia.

 

 

 

 

 

Palestra sobre Medidas para a igualdade e non discriminación das persoas LGTBIQA+ no ámbito laboral

Relator: Miguel Vieito, avogado experto en asesoramento e acompañamento a persoas do colectivo LGBTIQA+

Data: 26 de xuño de 2025

Lugar: Escolas do Xardín Agra de Caldas na Rúa Desiderio Varela de Carballo

Miguel Vieito ofrécenos unha visión xurídica sobre as medidas de protección contra a discriminación laboral por motivos de orientación ou identidade sexual, facendo especial referencia á Lei de igualdade de trato e á Lei Trans. Destaca que estas leis establecen mecanismos importantes para combater a discriminación, así como interesantes accións de fomento do emprego, medidas que teñen o potencial de mellorar significativamente a inclusión laboral do colectivo, pero que precisamos sexan implementadas para que poidan ter un impacto real.

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Acto simbólico 28 de xuño

A Deputación da Coruña, desde a súa Área de Igualdade, propón levar a cabo un acto simbólico no que participen todas as entidades adheridas á campaña #seresentir.

Este acto ten por obxectivo conmemorar o Día Internacional do Orgullo LGTBQIA+, unha xornada para reivindicar a diversidade, a igualdade e os dereitos de todas as persoas, independentemente da súa orientación sexual, identidade ou expresión de xénero. Así, proponse a lectura dun manifesto que avoga polo dereito a vivir con dignidade e liberdade, apostando por dar visibilidade ao colectivo LGTBQIA+ na cultura, nos medios, no deporte, no rural e en todos os espazos sociais.

Pretende ser unha chamada á toda a sociedade, para reivindicar, con orgullo, a LIBERDADE DE SER E SENTIR.

Descarga o manifesto #seresentira guía para a realización do acto simbólico e/ou a intervención de Soledad Agra Tuñas, deputada de igualdade, no acto conmemorativo celebrado no Pazo Provincial o 27 de xuño.

 

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

DESCARGA AQUÍ
PDF. 0.4MB

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

CAMPAÑAS ANTERIORES

2024   2023