#seresentir é unha campaña e programa de actividades con motivo da conmemoración do 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBQIA+. Apela directamente á implicación dos concellos da provincia, estendendo o chamado á acción a calquera outra entidade do tecido social, educativo, empresarial, familias, etc.
Aqueles concellos e entidades interesadas en adherise á campaña e ao programa de actividades poden facelo, amosando o seu compromiso e vontade de celebrar a LIBERDADE DE SER E SENTIR.