Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

 

ADHERIRSE Á CAMPAÑA

#seresentir é unha campaña e programa de actividades con motivo da conmemoración do 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBQIA+. Apela directamente á implicación dos concellos da provincia, estendendo o chamado á acción a calquera outra entidade do tecido social, educativo, empresarial, familias, etc.

Aqueles concellos e entidades interesadas en adherise á campaña e ao programa de actividades poden facelo, amosando o seu compromiso e vontade de celebrar a LIBERDADE DE SER E SENTIR.

 

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

liberdade de ser e sentir

En Galiza, os principios de liberdade e igualdade aparecen recollidos no Estatuto de autonomía, no seu artigo 4.2 recolle a obriga que corresponde aos poderes públicos de «promover as condicións para que a liberdade e a igualdade das persoas e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas, remover os atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación da cidadanía galega na vida política, económica, cultural e social».


A lexislación internacional sobre dereitos humanos e múltiples tratados internacionais consagran a igualdade como un principio xurídico fundamental e universal. Desde a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que establece que «toda persoa ten os dereitos e as liberdades proclamados nesta declaración, sen ningunha distinción de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición», numerosos textos sobre dereitos humanos e múltiples tratados consideran a igualdade das persoas como un principio xurídico fundamental e universal.

#seresentir

#DeputacióndaCoruña